Saltar ao contido

bioquímica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bioquímica».
Representación dun complexo formado por proteínas, ARN e ADN.
  • Pronuncia: /bi.o.ˈki.mi.ka/ (AFI)

Substantivo feminino

bioquímica (sg: bioquímica; pl: bioquímicas)

  1. (Bioquímica) Ciencia que estuda a composición, a estrutura e as transformacións químicas dos seres vivos, así como as reaccións químicas que teñen lugar nos seus organismos e permiten o desenvolvemento dos procesos vitais.
    • Exemplo: A bioquímica estuda as reaccións químicas que interveñen no metabolismo celular.

  2. Muller especialista en bioquímica.
    • Exemplo: A bioquímica investigou a estrutura e o funcionamento dos encimas.

  3. Disciplina da bioloxía e da química que estuda os compostos químicos propios dos organismos animais e vexetais, as súas funcións fisiolóxicas e o seu papel como compoñentes alimentarios para o home e outros animais.

Termos relacionados

Traducións

Adxectivo

bioquímica(ms: bioquímico; mpl: bioquímicos; fs: bioquímica; fpl: bioquímicas)

  1. Feminino singular de bioquímico.
    • Exemplo: A análise bioquímica permitiu identificar a substancia.

Referencias