biótopo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «biótopo».

Substantivo masculino

Biótopo dunha charca

biótopo (sg: biótopo; pl: biótopos)

  1. (Ecoloxía) Espazo físico, natural e limitado onde vive unha determinada biocenose ou comunidade de organismos. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme.
    • Exemplo: O biótopo e a biocenose constitúen os elementos esenciais dos ecosistemas.

  2. (Ecoloxía) Área ou tipo de área que, desde o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes.