batán

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «batán».
O batán do mosteiro de Mezonzo (en Vilasantar, A Coruña) funcionou ata 1954, e hoxe está musealizado

Substantivo masculino

batán (sg: batán; pl: batáns)

  1. (Tecnoloxía) Mecanismo formado por unha roda que move dous ou máis mazos alternativamente, movida por unha corrente de auga. Os mazos golpean os panos para darlles unha textura máis compacta e homoxénea.
    • Exemplo: O concello e a Xunta restauraron os batáns de Mosquetín do concello de Vimianzo.

    • Sinónimos: folón
  2. (Arquitectura) Construción popular na que funciona un batán.

Traducións