Saltar ao contido

barroco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «barroco».
Torre Berenguela, da Catedral de Santiago

Substantivo masculino

barroco (sg: barroco; pl: barrocos)

  1. (Arquitectura, Arte) Movemento cultural e artístico desenvolvido en Europa e Hispanoamérica durante os séculos XVI e XVIII, caracterizado pola abundante ornamentación e as liñas curvas.
    • Exemplo: Un exemplo notable do Barroco galego foi o arquitecto Domingo de Andrade.

    • Observacións: Adoita escribirse con maiúscula inicial

Adxectivo

barroco (ms: barroco; mpl: barrocos; fs: barroca; fpl: barrocas)

  1. (Arquitectura) Relativo ou pertencente ó Barroco.
    • Exemplo: A fachada barroca da catedral oculta a primitiva fachada románica do mestre Mateo.

    • Exemplo: Onte fomos ver un conceto de música barroca.

Termos relacionados

Traducións