banca
Aparencia
Galego
Pronuncia: /'baŋ.ka̯/ (AFI)
- Asento semellante ao banco, que pode presentar distintas características de forma e tamaño.
- Banco pegado á parede ao longo de toda a cociña.
- (Economía) Conxunto de entidades financeiras que realizan determinadas operacións comerciais e que constitúen o sistema bancario.
- (Economía) Conxunto de operacións efectuadas polos establecementos bancarios.
- (Economía) Conxunto formado polas entidadees financeiras, os banqueiros e as súas actividades, que constitúen o chamado sistema bancario.
- Por extensión, conxunto dos banqueiros.
- (Xogo e xoguete) Totalidade do diñeiro apostado nos xogos de salón que está sobre a mesa.
Termos relacionados
facer saltar a banca, quedar coa banca, ser o amo da banca, ser o dono da banca