Saltar ao contido

aventura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aventura».

Substantivo feminino

aventura (sg: aventura; pl: aventuras)

  1. Experiencia vivida ou imaxinada de feitos inesperados, normalmente arriscados, fóra do normal.
    • Exemplo: ¿Lembras cando o avó nos contaba as súas aventuras na mili?

  2. Feito extraordinario na vida dunha persoa, institución, negocio.
    • Exemplo: Ese home non sabe máis que meterse en aventuras. Agora quere montar unha editorial.

  3. Relación amorosa entre dúas persoas, informal, ocasional e pasaxeira, cando non ilícita.
    • Exemplo: Cando se soubo que tiña unha aventura cunha alumna, botárono fóra do instituto.

Termos relacionados

Traducións