artillaría
Aparencia
Galego

Etimoloxía: do francés artillerie.
Pronuncia: /aɾ.ti.ʎa.'ɾia̯/ (AFI)
artillaría
(sg: artillaría; pl: artillarías)
- Técnica de construír, conservar e empregar todas as armas, máquinas e municións de guerra.
- Conxunto de máquinas de guerra de que dispón un exército, un barco de guerra, etc., xunto coas municións e o material accesorio correspondente.
- Corpo ou parte do exército que combate esas armas.
Termos relacionados
artillaría de campaña, artillaría de costa, artillaría de montaña, artillaría lixeira, artillaría pesada, peza de artillaría
