arquivo
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín archīvum e este do grego antigo ἀρχεῖον archeîon.
Pronuncia: /aɾ.'ki.βo̯/ (AFI)
arquivo
(sg: arquivo; pl: arquivos)
- Edificio ou lugar onde se gardan documentos.
- Conxunto de documentos doados por un organismo ou institución, conservados con fins administrativos, culturais ou históricos.
- Colección de novas ou documentos sobre un determinado tema.
- (Figurado) Persoa de boa memoria.
- (Informática) Información organizada en unidades funcionais ou rexistros almacenados sobre un mesmo soporte, que constitúe unha unidade lóxica en relación co seu proceso mediante ordenador.
Termos relacionados
Arquivo de Simancas, Arquivo de Salamanca, Arquivo de Indias, Arquivo da Real Chancillería de Granada, Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Nacional de España