Saltar ao contido

armadura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aɾ.ma.'ðu.ɾa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

armadura
(sg: armadura; pl: armaduras)

  1. Conxunto de pezas de defensa coas que se revestían os antigos combatentes.
  2. Peza ou conxunto de pezas que forman a estrutura dun obxecto.
  3. Estrutura, case sempre de ferro ou aceiro, que soporta a cuberta dun edificio.
  4. Conxunto de barras de ferro que forman o esqueleto dunha peza de formigón armado que quedan somerxidas dentro da masa do formigón.
  5. Peza metálica ou conxunto de pezas concibidas para seren sometidas á acción dun imán ou dun electroimán.
  6. Cada unha das placas metálicas que fan de eléctrodo nun condensador.