Saltar ao contido

antitérmico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aŋ.ti.'tɛɾ.mi.ko̯/ (AFI)

Adxectivo

antitérmico
(ms: antitérmico; mpl: antitérmicos; fs: antitérmica; fpl: antitérmicas)

  1. (Física) e (Tecnoloxía) Que impide a produción da calor, a súa transmisión ou ambas as dúas cousas.
  2. Que protexe contra a acción da calor ou do lume.

Substantivo masculino

antitérmico
(sg: antitérmico; pl: antitérmicos)

  1. (Medicina) Medicamento que reduce a febre.

Sinónimos

antipirético