antípoda
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín antipŏdes, e este do grego antigo ἀντίποδες antípodes, 'antípodas'.
Pronuncia: /aŋ.'ti.po̯.ða̯/ (AFI)
antípoda
(sg: antípoda; pl: antípodas)
- Que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutro.
- Que está nunha situación oposta a alguén ou a algo.
- (Botánica) Dise das células das plantas anxiospermas que, no saco embrionario, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula.
- (Figurado) Lugar moi distante.
Observacións
Nas tres primeiras acepcións úsase tamén como substantivo.
Termos relacionados
antípoda óptico, estar nos antípodas
- Dise de dous puntos da superficie da Terra situados, en distintos hemisferios, en lugares diametralmente opostos .
- Dise dunha posición ou dunha actitude totalmente oposta a outra.
