antígrafo
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego antigo ἀντιγράϕω antigraphō, 'contestar por escrito'.
Pronuncia: /aŋ.'ti.ɣɾa.fo̯/ (AFI)
antígrafo
(sg: antígrafo; pl: antígrafos)
- (Historia) Na antiga Atenas, persoa encargada da inspección e recadación de impostos.
- (Historia) Na Idade Media, chanceler, escribán ou notario.
- Copia manuscrita dun escrito.