Saltar ao contido

anécdota

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «anécdota».
  • Pronuncia: /aˈnɛk.ðo.ta/ (AFI)

Substantivo feminino

anécdota
(sg: anécdota; pl: anécdotas)

  1. Narración, xeralmente propia da vida dunha persoa, que se comparte con outros para entreter, preservar algunha tradición, educar ou con outros fins.
    • Exemplo: «Cito esta anécdota porque demostra o concepto que inspiraba Galiza a través dos representantes galegos, que sempre se someteron á discipriña dos partidos nacionaes, para faceren carreira en Madrid e mandaren dende as outuras.»—Catelao, Alfonso Daniel Rodríguez, Sempre en Galiza, p. 152, ed. Edicións As Burgas, Buenos Aires, 1944.

  2. Suceso circunstancial ou irrelevante.

Traducións

Referencias


Castelán

  • Pronuncia: /aˈnek.ðo.ta/ (AFI)

Substantivo feminino

anécdota
(sg: anécdota; pl: anécdotas)

  1. Anécdota1, 2.
    • Exemplo: «Finalmente, permítanme recordar una vieja anécdota. Hace mucho tiempo, trabajando con Félix Rodríguez de la Fuente, encontré una máxima, creo recordar que de un autor alemán, que supuse le iba a encantar».—Delibes Castro, Miguel, Vida. La naturaleza en peligro, p. 18, ed. Temas de Hoy, Madrid, 2001.
      Finalmente, permitídeme lembrar unha vella anécdota. Hai moito tempo, traballando con Félix Rodríguez de la Fuente, atopei unha máxima, creo lembrar que dun autor alemán, que supuxen que lle había de encantar.

    • Exemplo: «La anécdota viene a cuento porque, primero, ilustra el clima ideológico del estudio de la retórica y, segundo, señala cómo en la clase de gramática solían estudiarse textos que, generalmente, eran recomendados para el curso de retórica».—Osario Romero, Ignacio, Conquistar el eco. La paradoja de la conciencia criolla, p. 199, ed. Universidad Nacional Autónoma de México, México, 1989.
      A anécdota vén a conto porque, primeiro, ilustra o clima ideolóxico do estudo da retórica e, segundo, sinala como na clase de gramática se adoitaban estudar textos que, xeralmente, eran recomendados para o curso de retórica.

    • Sinónimos: aventura, cuento, historia, insignificancia, peripecia, tontería.

Referencias