alternancia
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de alternar.
Pronuncia: /al.tɛr.'naŋ.θja̯/ ou /al.tɛr.'naŋ.sja̯/ (AFI)
alternancia
(sg: alternancia; pl: alternancias)
- Acción e efecto de alternar.
- Sucesión de feitos ou fenómenos que alternan.
- Acción de plantar cultivos distintos durante un tempo determinado.
- (Botánica) Disposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.
- (Física) Semiperíodo dun fenómeno alterno durante o que non cambia o signo da magnitude que o caracteriza.
- (Lingüística) Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.
- (Lingüística) Fenómeno morfolóxico que consiste na permutación de elementos fonolóxicos en palabras que pertencen á serie, grupo ou categoría morfosintáctica.
- (Lingüística) Regra da versificación francesa clásica fixada pola Pléiade, que consiste na correlación de rimas masculinas e femininas que se presentan en pareados (aabb), en disposición cruzada (abab) ou en distribución redobrada (aabab).
- (Xeoloxía) Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.
Termos relacionados
alternancia de códigos, alternancia de xeracións, alternancia irregular, alternancia libre, alternancia mórbida, alternancia morbosa, de alternancia