albariño

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «albariño».
[1]
  • Pronuncia: /alβaˈɾiɲo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

albariño (sg: albariño; pl: albariños)

  1. Variedade de uva branca de Galicia e norte de Portugal, de tamaño pequeno, forma redonda, de pel grosa e tonalidade verde amarelada, de sabor doce. É empregada na elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra, así como para o Vinho Verde portugués.
  2. Viño feito con este tipo de uva.

Adxectivo

albariño (ms: albariño; mpl: albariños; fs: albariña; fpl: albariñas)

  1. Dise do froito ou planta que é dunha tonalidade máis clara que as do mesmo tipo.

Traducións