Saltar ao contido

adiantar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.ðjaŋ.taɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

adiantar

  1. Mover ou levar cara a diante.
  2. Pasar diante.
  3. Dar información sobre algo antes de que se coñeza oficialmente ou de que aconteza.
  4. Facer ou executar algo antes do tempo previsto ou acordado.
  5. Entregar o diñeiro ao provedor antes de recibir a mercadoría ou de facer o traballo.
  6. Colocar as agullas do reloxo de xeito que marquen unha hora que aínda non é.
  7. (Figurado) Resolver ou solucionar algún problema ou algunha dúbida, etc.

Verbo intransitivo

adiantar

  1. Superar a outros ou a si mesmo.
  2. Realizar unha cousa en menos tempo do esperado.
  3. Colocar un reloxo con máis velocidade da debida.

Verbo pronominal

adiantarse

  1. Moverse cara a diante.
    • Exemplo: Adiantouse o porteiro no penalti e o árbitro amoestouno.

  2. Chegar a facer algo antes ca outro.
    • Exemplo: Meu sobriño sempre se adianta á hora da pagar no bar.

  3. Ocorrer antes do previsto ou esperado.
    • Exemplo: Este ano adiantouse o inverno.