abrazadeira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [a.βɾa.θaˈðej.ɾɐ] (AFI)

Substantivo feminino

abrazadeira (sg: abrazadeira; pl: abrazadeiras)

  1. Peza de ferro ou outro material serve para fixar ou reforzar algunha cousa, por exemplo, un anaco curvo de chapa metálica, cun ou máis buratos en cada extremo, para fixar con parafusos un cano.
    • Exemplo: Empatou dous tubos cunha abrazadeira.

  2. Tira de coiro ou outro material na parte cóncava do escudo, pola que se mete o brazo para suxeitar este.
    • Exemplo: Ao policía rompéralle a abrazadeira do seu escudo e quedara desprotexido.

  3. Correa, ou fita elástica, que algúns deportistas usan ao redor do pulso para suxeitar os tendóns.
    • Exemplo: O tenista levaba unha abrazadeira coas cores nacionais.

    • Termos relacionados: pulseira.
  4. (Medicina) Aparello ortopédico empregado para soster, aliñar ou manter en posición correcta unha parte do corpo.
    • Exemplo: Colocoulle unha abrazadeira na perna.

Traducións

Substantivo feminino plural

abrazadeiras

  1. (Odontoloxía) Dispositivo utilizado en ortodoncia para corrixir a posición de dentes mal aliñados.
    • Exemplo: As abrazadeiras producíanlle moita dor nas enxivas.

Termos relacionados