aberiota

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aberiota».
  • Fonetica.PNG Pronuncia: [a.βe.ɾiˈɔ.tɐ] (AFI)

Open book 01.png Substantivo feminino

aberiota (sg: aberiota; pl: aberiotas)

  1. Nome de dúas plantas da familia das iridáceas, pertencentes ao xénero Romulea, Romulea bulbocodium = R. uliginosa e R. clusiana, moi semellantes (para moitos autores serían conespecíficas), de caule curto, de 5 a 10 cm, con dúas follas basais e até cinco caulinares, moi delgadas e curtas, e flores longamente pedunculadas.

Observacións

Diferéncianse en que a primeira delas ten espatas con punta longa, e flores con tépalos tricolores: amarelos na base, brancos no medio e violáceos na parte superior, mentres que a segunda ten as espatas non acuminadas e as flores con tépalos diferentes: as internas de cor uniforme, máis ou menos violeta, e as externas de cor violácea cunha banda verde amarelada.