abellón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Wikipedia-logo-v2.svg
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abellón».
  • Twemoji12 1f5e3.svg Pronuncia: [a.βeˈʎoŋ] (AFI)

Open book 01.svg Substantivo masculino

abellón (sg: abellón; pl: abellóns (estándar e galego occidental), abellós (galego central), abellois (galego oriental))

Bumblebee 2007-04-19.jpg
  1. (Zooloxía) Macho da abella.
  2. (Zooloxía) Insecto himenóptero da familia dos ápidos pertencentes ao xénero Bombus, de tamaño mediano e corpo repoludo, piloso, e de variadas coloracións (en xeral, son negros con bandas amarelas), que producen un zunido característico ao voaren.
  3. (Zooloxía) Insecto coleóptero da familia dos escarabeidos.
  4. Antigo costume funerario no que se danzaba ao redor dun finado remendando o zunido do abellón2.

Traducións