Wiktionary:Bots/Como usar un bot

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Xestión de bots
Bots
Como usar un bot
Peticións de aprobación
Bots activados

A continuación exponse como se debe facer para poder executar un bot. Lembra que para poderes usalo debes ter a aprobación da comunidade. Para obter os permisos necesarios para usar un bot vai a esta páxina.


Descargas[editar]

Para usar un bot precisas descargar e instalar dúas cousas:

Descárgaos e instálaos. O "python" debe estar nunha carpeta Python e dentro desta unha carpeta Pywikipedia(contén o "Python

Wikipedia Robot Framework").

Seguinte paso: Configuración.

Configuración[editar]

  • Abre o notepad ou similar.
  • Escribe o seguinte texto:

mylang = 'gl'
family = 'wiktionary'
usernames['wiktionary']['gl'] = 'NomeDoBot'

  • Garda ese arquivo dentro da carpeta Pywikipedia co nome "user-config.py".

seguinte paso: Atallo.

Facer un atallo para executar os comandos[editar]

Isto é para usuarios de windows.

Crearemos un atallo que abrirá unha caixa de comandos para executar o bot facilmente:

  • Abre a carpeta Pywikipedia nunha xanela.
  • Dalle a "ficheiro", "Novo" e despois a "Atallo" (en inglés, shortcut, creo).
  • Aparece unha xanela pequena: Escribe "cmd.exe" e dálle a "Seguinte".
  • Pídeche que lle des un nome ao Atallo: Escribe "Breogan", é un nome coma outro calquera.
  • Dalle a rematar. O Atallo "Breogan" aparecerá na carpeta pywikipedia.
  • Copia o enderezo da carpeta Pywikipedia da barra de enderezos, exemplo: C:\Archivos de

programa\python\pywikipedia.

  • Botón dereito sobre o Atallo "Breogan" que creaches antes. Dalle a "Propiedades". Aparece unha xanela onde debes pegar o enderezo que copiaches: Pégao en "Comezar en"(start in, en inglés).
  • Dalle "Ok" e xa tes o Atallo preparado para executar o bot.
  • Cando queiras usar o bot, utiliza a Breogan para darlle as ordes pertinentes.

seguinte paso: Usar o bot.

Como usar o bot[editar]

  • Primeiro abre a Breogan.
  • Dende aí dalle as ordes correspondentes ao bot que queiras usar. Existen moitos bots distintos, cada un deles ten os seus comandos particulares. Vai a esta páxina de bots e estuda que comandos tes que usar dende Breogan para executar o bot.
  • A continuación exponse o uso do bot "pagefromfile.py", que é un bot que sube páxinas dende un arquivo.

Como usar o bot Pagefromfile.py[editar]

Este bot sube páxinas dende un arquivo que debe ter unhas características concretas.

  • Debe ser un arquivo de texto gardado en formato utf-8. O caderno de notas de windows ten esa opción.
  • O nome da páxina que se creará debe estar ao comezo entre comiñas.
  • O bot non subirá páxinas que xa existan no Galizionario.
  • O arquivo que contén a información a subir terá este formato:

E.x.: Nomedoarquivo.txt

xxxx
'''NomePáxina1'''
texto da páxina aquí

yyyy
xxxx
'''NomePáxina2'''
Outro texto para esta páxina
yyyy

Uso:Isto é o que debes escribir no atallo Breogan para executar o bot.

pagefromfile.py -start:xxxx -end:yyyy -file:nomedoarquivo.txt


  • Estes son os argumentos específicos do bot.
arg Description Default
*-start:xxxx Specify the text that is the beginning of a page {{-start-}}
*-end:yyyy Specify the text that is the end of a page {{-stop-}}
*-file:zzz Give the filename we are getting our material from dict.txt
*-include The beginning and end text should be included in the page.  
*-notitle Do not include the title line in the page.  

Máis información sobre o uso de bots[editar]

Nesta páxina en inglés atoparás máis información.