Pietro Metastasio
Pietro Metastasio (Roma, 1698 – 1782, Viena), Pietro Trapassi, foi un poeta e libretista italiano, considerado o principal reformador do melodrama do século XVIII. A súa obra marcou profundamente a ópera seria do Settecento e foi un dos autores máis influíntes da corte imperial de Viena.
Biografía
[editar]Pietro Trapassi naceu no seno dunha familia humilde; era fillo dun boticario romano. Desde neno mostrou unha capacidade extraordinaria para a improvisación poética, recitando versos na tenda do pai. O seu talento chamou a atención de Giovan Vincenzo Gravina, membro da Academia de la Arcadia, quen decidiu adoptalo, brindarlle unha educación refinada e helenizar seu apelido, transformándoo en Metastasio.
Gravina enviouno estudar fora de Roma durante varios anos. Á morte do seu protector, Metastasio regresou á cidade con tan só 16 anos e herdou unha importante biblioteca e un valioso patrimonio que consolidaron a súa formación intelectual.
Posteriormente trasladouse a Nápoles, cidade de intensa actividade literaria e musical. Alí comenzou a escribir libretos para obras musicais e obtivo o seu primeiro gran éxito en 1724 coa ópera Didone abbandonata.
En 1730 foi chamado á corte de Viena para exercer como poeta cesáreo, é dicir, poeta oficial da corte imperial. Permaneceu alí ata a fin da súa vida, compoñendo libretos para os principais compositores da súa época.
Obra e aportacións
[editar]Metastasio é recoñecido como o gran reformador do melodrama durante o siglo XVIII. Nunha época na que o xénero perdera calidade literaria, a súa obra devolveu ao libreto un papel central dentro da ópera. Mantivo a estrutura característica de alternancia entre recitativo e aria, pero elevou a calidade estilística, dramática e poética do texto.
Entre as súas obras máis destacadas atópanse L’Olimpiade, drama con música de Antonio Caldara que se estrenou o 28 de agosto de 1733 para celebrar o aniversario da emperatriz Isabel.
A súa linguaxe caracterízase pola sinxeleza e a claridade comunicativa, cun uso moderado de metáforas para facilitar a comprensión do público. O tema principal da súa obra é o amor en todas as súas variantes e matices. Aínda que non inventaba argumentos orixinais, reinterpretaba materiais da tradición literaria clásica e renacentista.
Os personaxes metastasianos inspíranse en modelos épicos como os de Ariosto o Tasso: heroes divididos entre a razón e o corazón. Estes conflitos, de ton tráxico, soen resolverse cun final feliz, acorde co gusto da época.
Personalidade
[editar]A tradición afirma que Metastasio era un modelo de xentileza e moralidade, un home educado, refinado e moi respetado na corte vienesa.