Saltar ao contido

O Redondo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «O Redondo».
  • Etimoloxía: de redondo, do latín rŏtundus («redondo»), co artigo definido masculino o. Trátase dun orotopónimo que pode referirse a un agro, campo, monte, penedo ou outro elemento do terreo de forma redonda ou arredondada.[1]
  • Pronuncia: /oreˈðondo̝/ (AFI)

Topónimo

O Redondo

  1. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares, na provincia da Coruña.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Magalofes, no concello de Fene, na provincia da Coruña.
  3. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Queixeiro, no concello de Monfero, na provincia da Coruña.
  4. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Franza, no concello de Mugardos, na provincia da Coruña.
  5. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia do Val, no concello de Narón, na provincia da Coruña.
  6. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros, na provincia da Coruña.
    • Observacións: Non constaba no Nomenclátor de Galicia de 2003 e incorporouse ao de 2026.[2]
  7. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Meirás, no concello de Sada, na provincia da Coruña.
  8. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño, na provincia da Coruña.
  9. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Santo Acisclo do Valadouro, no concello de Foz, na provincia de Lugo.
    • Observacións: Non constaba no Nomenclátor de Galicia de 2003 e incorporouse ao de 2026.[2]
  10. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Friolfe, no concello do Páramo, na provincia de Lugo.
  11. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Celanova, no concello de Celanova, na provincia de Ourense.
  12. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Ouzande, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
    • Observacións: Nun documento do Arquivo da Catedral de Santiago do ano 1587 aparece como «lugar y casal que se dize de Rredondo», na parroquia de San Lorenço de Ousande. No Libro de Fundacións da parroquia de Ouzande aparece en 1853 como «el lugar del Redondo». Cabeza Quiles sinala tamén a posibilidade de que o apelido Redondo dese nome ao lugar, en vez de proceder o apelido do topónimo.[1]
    • Véxase tamén: Vexa o artigo «O Redondo, Ouzande, A Estrada» na Galipedia.
  13. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Moaña, no concello de Moaña, na provincia de Pontevedra.
    • Observacións: No Nomenclátor de Galicia de 2003 figuraba como Redondo; desde 2026 o nome oficial é O Redondo.[2]
  14. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Siador, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra.
  15. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Vilar, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra.
  16. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Navia, no concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.
  17. (Toponimia de Galicia) Antiga denominación oficial do lugar chamado actualmente A Redonda, da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello do Vicedo, na provincia de Lugo.

Termos relacionados

Referencias

  1. ↑ 1,0 1,1 Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 139. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
  2. ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega. DOI: 10.32766/rag.461. Aprobado polo Decreto 27/2026, do 30 de marzo, e publicado no Diario Oficial de Galicia, núm. 66, do 10 de abril de 2026.