Lobeira
Aparencia
| Grafías semellantes: lobeira |
Galego
Pronuncia: /loˈβejɾa̝/ (AFI)
Lobeira
- (Toponimia de Galicia) Concello da comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense.
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello homónimo, na comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense.
- Sinónimos: San Vicente de Lobeira.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia do concello de Lobeira: Facós, Meás, As Quintas, Santa Baia e A Vila.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello de San Sadurniño, na comarca de Ferrol, na provincia da Coruña.
- Sinónimos: A Lobeira.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Budián, no concello do Valadouro, na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo.
- (Toponimia de Galicia) Forma sen artigo de A Lobeira, lugar da parroquia da Barqueira, no concello de Cerdido, na provincia da Coruña.
- (Xeografía) Forma abreviada de Monte Lobeira, montaña situada en András, no concello de Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.
