Idade Moderna
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /i.ˈða.ðe̝ mo.'ðɛɾ.na̝/ (AFI)
Idade Moderna
- (Historia) Período histórico comprendido entre dúas datas sinaladas: a caída de Constantinopla (1453) ou o descubrimento de América (1492), até estas outras: a independencia dos Estados Unidos (1776) ou a revolución francesa (1789), período en que destacan os valores da modernidade (o progreso, a comunicación, a razón) fronte ao período anterior, a Idade Media, e no que se xestaron, lentamente, o capitalismo e a burguesía, e as entidades políticas que o fixeron de forma paralela: a Nación e o Estado.