Giovanni Pascoli
Giovanni Pascoli (1855-1912) foi un poeta e académico italiano, considerado unha das figuras máis representativa do decadentismo italiano.
Biografia
[editar]Giovanni Pascoli nace no pobo de San Mauro, na actual rexión dell’Emilia-Romagna. A súa infancia estivo marcada por varias traxedias familiares: o asasinato do pai o 10 de agosto de 1867 e, nos anos sucesivos, a morte da nai e de dúas irmás. Malia o difícil contexto, Pascoli demostrou dende xoven un talento extraordinario pola lingua italiana e latina.
Grazas a diversas becas de estudo conseguiu completar os seus estudos, comprar unha casa e soster economicamente ás súas irmás Mariù e Ida. Porén, o trauma das pérdidas familiares deixou unha profunda pegada na súa persoalidade e na súa obra. Esta percepción particular amósase no contraste entre a dicotomía do interno, representado como un "nido" familiar que proporciona protección, e o mundo exterior, que se concibe coma unha ameaza hostil.
Detrás deste contraste ocúltase unha sensibilidade decadente, inquieta, tormentada e visionaria que deriva das experiencias persoais. Ademais, o autor resalta a vida humilde e tradicional do rural como un modelo vital a seguir. Tamén define a súa ideoloxía coma o "socialismo humanitario", que defende dende a postura da baixa burguesía a abolición das clases sociais.
As principais características da súa poesía son a presenza da morte, o gusto polo irracional, a trasfiguración dos datos obxectivos e os temas vinculados á súa propia biografía, coma o recordo dos familiares finados, ou a figura do "nido" como representación analóxica da protección e seguridade da dimensión familiar.
Carreira académica
[editar]Pascoli ensinou en varias escolas e institutos superiores ata obter a cátedra de literatura italiana na Universidade de Boloña, converténdose no sucesor do seu mestre Giosuè Carducci. Tamén destaca polos seus ensaios sobre literatura italiana, de autores como Dante ou Leopardi, e polo seu dominio do latín, que extende á poesía no poemario Carmine.
Obra
[editar]O seu primeiro e principal poemario foi Myricae, adicada ao pai e publicada no 1891 e ampliada durante toda a súa vida. Outra obra significativa é I canti di Castelvecchio (1903), que adica á nai. Mesmamente en Castelvecchio Pascoli alquilou unha casa che se converteu no seu fogar da idade adulta.
Pascoli distínguese tamén como crítico literario co ensaio "Il fanciullino" (1897), no cal espón a súa concepción da poesía percibida a través da sensibilidade infantil dun "fanciullino" que vive dentro de todas as persoas. Neste texto oponse ao naturalismo de autores como Émile Zola ou Giovanni Verga. Ademais, resaltou como o decadentismo resalta a visión subxectiva fronte ao obxectivismo que caracteriza ao realismo e ao positivismo.
Estilo poético
[editar]A pesar da relativa homoxeneidade temática da súa produción, a poesía pascoliana caraterízase pola experimentación formal. O seu novo modo de concebir a realidade reflíctese nas innovadoras solucións formais que abren as portas ao Novecento.