Georges Cuvier
Aparencia
Galego

- Georges Léopold Nicolas Frédéric Cuvier, barón de Cuvier, coñecido como Georges Cuvier, nacido en Montbéliard o 23 de agosto de 1769 e finado en París o 13 de maio de 1832, foi un naturalista francés, un dos máis importantes da primeira metade do século XIX, que esenvolveu métodos e programas de investigación en varias áreas da Historia Natural, destacando especialmente como promotor da anatomía comparada e da paleontoloxía. Ocupou diferentes cargos de importancia na educación nacional francesa na época de Napoleón, e tras a restauración dos Borbóns, foi profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París.