vea

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vea».
En azul, as principais veas do corpo humano
  • Etimoloxía: do latín vena(m), "vea"
  • Pronuncia: /ˈbea̝/ (AFI)

Substantivo feminino

vea (sg: vea; pl: veas)

  1. (Anatomía) Vaso sanguíneo polo que circula o sangue desde os diferentes órganos e tecidos do organismo ó corazón.
    • Exemplo: A principal vea do corpo humano é a cava.

  2. Por extensión, calquera vaso sanguíneo, inclusive as arterias.
  3. (Botánica) Vaso polo que circula o zume, na folla dunha planta.
  4. Depósito de auga subterráneo.
  5. Depósito subterráneo dun mineral
    • Exemplo: A autopista obrigará a expropia-la vea máis rica de cuarzo.

    • Sinónimos: filón, veta.
  6. Liña de forma irregular e de cor diferente ó resto, que posúen algunhas pedras, coma o mármore.
  7. (Figurado) Inspiración.
    • Exemplo: Nunca destacara pola súa vea poética.

    • Sinónimos: inspiración.

Termos relacionados

Traducións