ton

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ton».
  • Pronuncia: /ˈtoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

ton (sg: ton; pl: tons)

  1. (Física) Propiedade dos sons que os caracteriza como máis agudos ou máis graves, en función da súa frecuencia.
  2. Intensidade dunha voz nun determinado momento.
  3. Característica da voz humana, que ten que ver coa súa altura, timbre e intensidade, coas súas modulacións e inflexións, que permite coñecer sentimentos ou distintos significados de quen fala.
  4. (Música) Intervalo existente entre certas notas dunha escala.
  5. Xeito de expresar algo, como nun escrito ou nunha obra de arte.
  6. (Física) Propiedade visual das cores que ten que ver coas súas intensidades, máis brillantes ou escuras.
  7. (Lingüística) Variación fonémica na frecuencia acústica dunha sílaba.
  8. (Medicina) Estado normal dun organismo animal, ou partes deles, de cumprir as funcións que lles corresponden.
  9. Estado de vigor e tensión normal.
  10. Sinal que indica nunha chamada de teléfono que pode producirse unha comunicación.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén


Bretón

Substantivo

ton

  1. (Ictioloxía) Atún.


Inglés

Substantivo

ton (sg: ton; pl: tons)

  1. Tonelada.
  2. Morea.


Occitano

Substantivo

ton

  1. (Ictioloxía) Atún.