soster

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [sosˈteɾ] (AFI)

Verbo pronominal

sosterse

  1. Tomar o alimento necesario para manter o organismo en funcionamento.
  2. Manterse en equilibrio.
  3. Estar [nunha situación ou estado] de maneira continuada.

Traducións


Verbo transitivo

soster

  1. Aguantar [algo] o peso de [outra cousa] que está situada sobre el.
  2. Poñer certas partes do corpo ou un instrumento con respecto a [algo ou alguén] de forma que permita telo.
  3. Fornecerlle a [alguén] o necesario para vivir.
  4. Dar argumentos en favor de [unha idea].

Traducións

Conxugación