sedimento

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sedimento».
Sedimento dun pequeno río
  • Pronuncia: /se.ði.ˈmen.to/ (AFI)

Substantivo masculino

sedimento (sg: sedimento; pl: sedimentos)

  1. Depósito que se forma no fondo dun recipiente polas partículas, máis densas e insolúbeis, que estaban en suspensión no líquido que as contén.
    • Exemplo: Os sedimentos do viño no tonel.

  2. (Xeoloxía) Calquera material sólido acumulado sobre o fondo do mar, dos ríos ou dos lagos.
    • Exemplo: Sedimentos mariños.

  3. (Figurado) Elemento espiritual ou cultural que queda nun país despois de que fora ocupado en tempos pasados por outro.
    • Exemplo: Na península Ibérica quedou un sedimento importante da cultura árabe.

Termos relacionados

Traducións