organización

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «organización».
  • Pronuncia: /ɔɾɣaniθaˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

organización (sg: organización; pl: organizacións)

  1. Acción e efecto de organizar ou organizarse.
    • Exemplo: Nós somos os responsables da organización da campaña.

  2. Maneira como está organizado un conxunto con vistas a cumprir unha función.
    • Exemplo: A organización dos servizos é deficiente

      .
  3. Asociación que se constitúe cuns fins determinados.
    • Exemplo: A Organización das Nacións Unidas. Forma parte dunha organización benéfica. Unha organización non gobernamental.

Sinónimos

entidade, institución

Traducións

Castelán

Substantivo feminino

organización (sg: organización; pl: organizaciones)

  1. Organización.