nabo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nabo».
  • Pronuncia: /ˈnaβo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

nabo (sg: nabo; pl: nabos)

  1. (Agricultura) (Alimentación) (Botánica) Planta con distintas subespecies, da familia das crucíferas ou brasicáceas (a familia das coles e os repolos) cultivada comunmente como hortaliza nos países de climas temperados de todo o mundo pola súa suculenta raíz napiforme e as súas follas, nabizas e grelos.
  2. (Agricultura) (Alimentación) (Botánica) Raíz desta planta.
  3. (Coloquial) Pene.

Traducións