heurística

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «heurística».

Substantivo feminino

heurística

  1. Arte e ciencia do descubrimento e a invención.
  2. Técnica de resolución indirecta de problemas, a través da creatividade, o pensamento lateral ou o pensamento diverxente.
  3. Método de ensinanza consistente en facerse preguntas do que se quere aprender.
  4. (Psicoloxía) Conxunto de regras que explican procesos tales como toma de decisións, emisión de xuízos, ou a solución de problemas, cando son complexos ou non se conta con toda a información.
  5. (Informática) Técnica deseñada para resolver un problema cando se ignora se a solución é correcta, pero cun resultado suficientemente similar, ou resolvendo un problema similar pero máis sinxelo ou que se combina con solucións de problemas máis complexos.
  6. (Historia) Parte da historia que trata as fontes para describir feitos históricos.

Termos relacionados

Traducións