fío

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈfi.ʊ/ (AFI)

Substantivo masculino

fío (sg: fío; pl: fíos)

  1. Porción de materia téxtil de orixe animal, vexetal ou plástica, de feitura longa e delgada.
    • Exemplo: Ten unha caixiña chea de fíos.

  2. Porción de feitura semellante e de calquera material ou substancia.
    • Exemplo: Un fío de arame. Un fío de baba.

  3. Parte afiada dun instrumento que corta.
    • Exemplo: Esta navalla ten moito fío.

  4. (Figurado) Desenvolvemento de ideas que forman un discurso.
    • Exemplo: Foille difícil segui-lo fío da lección.

Traducións