etrusco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «etrusco».
Vexa no Galizionario as palabras en etrusco.

Substantivo masculino

etrusco (ms: etrusco; mpl: etruscos; fs: etrusca; fpl: etruscas)

  1. (Linguas do mundo) Idioma falado e escrito na antiga rexión da Etruria (a actual Toscana) e nalgunhas partes das actuais Lombardía, Venecia, e Emilia Romaña (de onde os etruscos foron desprazados polos galos), en Italia. O latín substituíu totalmente ao etrusco, deixando só uns poucos documentos e uns poucos empréstamos lingüísticos no latín .
  2. (Xentilicio e Historia) Individuo da Etruria.

Traducións

Adxectivo

etrusco (ms: etrusco; mpl: etruscos; fs: etrusca; fpl: etruscas)

  1. Relativo á Etruria.
  2. Relativo á civilización que habitaba á Etruria na antigüidade.
  3. Relativo ao idioma desa civilización.

Traducións