estratificación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /estɾatifikaˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

estratificación (sg: estratificación; pl: estratificacións)

  1. Acción ou efecto de estratificar; disposición en capas ou estratos dunha formación natural ou artificial que se encontraba en forma homoxénea.
  2. (Xeoloxía) Proceso de formación e deposición dun estrato sobre outro nun solo.
  3. (Socioloxía) División dunha poboación seguindo certos criterios (sociais, económicos, culturais...).
  4. (Agricultura) Proceso para conservar ou xerminar sementes lentamente.
  5. (Ecoloxía) División da vexetación dun ecosistema en distintas capas ou estratos segundo tamaño e organismos que alberga.
  6. (Lingüística) División dentro dunha lingua de distintas variedades ou expresións segundo distintos grupos sociais.

Termos relacionados

Traducións

Castelán

Substantivo feminino

estratificación (sg: estratificación; pl: estratificaciones)

  1. Estratificación.