espiñela

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /espiˈɲɛla̝/ (AFI)

Substantivo feminino

espiñela (sg: espiñela; pl: espiñelas)

  1. (Anatomía) Espiñazo, columna vertebral.
  2. (Anatomía) Apéndice xifoide, cartilaxe na que remata o esterno. Crese que pode romper e caer sobre o estómago, provocando dor xeneralizada e tristeza. O remedio popular denomínase ergue-la espiñela.
    • Exemplo: Dixéronme que estabas así por te-la espiñela caída.

    • Sinónimos: xifoide.

Traducións