crustáceo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «crustáceo».
  • Etimoloxía: do latín crusta, costra, cortiza.
  • Pronuncia: /kɾusˈtaθe̯o̝s/ (AFI)

Adxectivo

crustáceo (ms: crustáceo; mpl: crustáceos; fs: crustácea; fpl: crustáceas)

  1. (Zooloxía) Dise dos animais artrópodos pertencentes ó subfilo crustáceos.
  2. (Botánica) Dise do talo daqueles liques que viven adheridos á superficie das pedras, cortiza das árbores, etc. As imaxes do cruceiro xa non se vían ó estar cubertas de liques crustáceos.


Substantivo masculino

crustáceo (sg: crustáceo; pl: crustáceos)

  1. (Zooloxía) Animal artrópodo pertencente ó subfilo crustáceos. O percebe é un crustáceo, aínda que non o pareza.

Traducións