chamar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /t͡ʃaˈmaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

chamar

  1. Procurar que alguén acuda ou preste atención dicindo o seu nome en voz alta ou mediante sons ou exclamacións específicas.
    • Exemplo: Chámao a ver se te oe e dille que non esqueza mercar o fío. Chamárono pola megafonía para que acudise ao departamento de control de equipaxes. Non oes? Están a chamar por nós. Chamou polo can asubiando.

  2. Pronunciar en voz alta o nome das persoas que se deben atopar nun lugar para comprobar a súa presenza.
    • Exemplo: O secretario do tribunal chamou os opositores por orde alfabética dos apelidos.

  3. Espertar a alguén.
    • Exemplo: Sempre me chama moi cedo e a min cústame levantarme.

  4. Accionar un dispositivo para que un aparato acuda ao lugar onde se está.
    • Exemplo: Chama ti o ascensor, que eu subo a pé.

  5. Solicitar a alguén que acuda a un lugar ou realice unha acción.
    • Exemplo: Chamárono do xulgado para testificar. Tes que chamar á doutora. A voz do ulema chama aos fieis á oración, desde o minarete. Os sinos chaman para a misa das once.

  6. Designar a alguén para ocupar un posto, exercer un cargo ou gozar dun dereito.
    • Exemplo: Foi chamada ao trono de Castela. Neste caso serán chamados a herdar os seus parentes en segundo grao.

  7. Comunicar cunha persoa ou un servizo, ou tratar de facelo, por medio do teléfono.
    • Exemplo: Chámante pola liña un. Chamade unha ambulancia! Vou chamar por teléfono.

  8. Guiar un animal de tiro poñéndose diante del.
    • Exemplo: Cando sementan, sempre chama el as vacas.

  9. Exercer unha cousa ou persoa atracción sobre alguén.
    • Exemplo: As minas de ouro chamaban a centos os aventureiros. Ese sindicalista chama moita xente. O noso líder perdeu popularidade e xa non chama como chamaba.

  10. Atraer unha cousa a outra cousa.
    • Exemplo: Diñeiro chama diñeiro.

Observacións

  • Ás veces emprégase tamén seguido da preposición por.

Verbo intransitivo

chamar

  1. Aplicar a alguén ou a algo un nome ou un alcume.
    • Exemplo: Chámanlle Xoán. Chamábanlle o Mentireiro

      .
  2. Designar ou cualificar algo ou alguén como.
    • Exemplo: Chamoulle covarde á cara. Chamáronlle guapo e púxose colorado

      .
  3. Dar golpes nunha porta, ventá, etc. ou facer soar o timbre para que abran, ou para pedir permiso para entrar.
    • Exemplo: Chamou pero non oíron o timbre. Estes mobles novos chaman por unha alfombra

      .

Verbo pronominal

chamarse

  1. Ter un determinado nome ou apelido.
    • Exemplo: Como se chaman estas plantas? Como te chamas? Chámome Brais. Esta canción chámase “Anduriña”

      .

Sinónimos

Traducións

Conxugación