batería

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «batería».
  • Pronuncia: /batɛˈɾia̝/ (AFI)

Substantivo feminino

batería (sg: batería; pl: baterías)

  1. (Exército) Conxunto de armamento que permite unha actividade sincronizada, normalmente referido a pezas de artillería.
  2. (Arquitectura) (Exército) Fortificación destinada a conter pezas de artillería reunidas e a cuberto.
  3. Sistema eléctrico baseado en pilas ou acumuladores, batería eléctrica.
  4. (Música) Instrumento musical de percusión, formado por unha serie de tambores e pratos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada.
  5. Músico que toca ese instrumento. Tamén susbtantivo masculino.
  6. (Alimentación) Batería de cociña, conxunto de utensilios necesarios para a cociña, normalmente de metal.

Traducións

Véxase tamén