anódino

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     anodino

Galego

  • Pronuncia: /aˈnɔðino̝/ (AFI)

Adxectivo

anódino (ms: anódino; mpl: anódinos; fs: anódina; fpl: anódinas)

  1. Dise dunha persoa ou cosa que non xera grande influencia no seu entorno pola súa escasa importancia.
  2. (Figurado) Sen graza, soso.
  3. Que ten a propiedade de acalmar ou facer cesar as dores.

Substantivo masculino

anódino (sg: anódino; pl: anódinos)

  1. Medicamento ou remedio que mitiga a dor.