anís

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «anís».
  • Pronuncia: /aˈnis/ (AFI)

Substantivo masculino

anís (sg: anís; pl: anises)

  1. (Botánica) Planta herbácea da familia das umbelíferas, que forma densas matas dun medio metro de altura. Produce en tempada pequenas flores pentámeras de cor branca. O seu froito é unha semente seca, ricamente aromática polo seu elevado contido en anetol, utilizada como especia en panadaría e repostaría.
  2. (Alimentación) Semente desta planta que se emprega como especia, así como polas súas propiedades medicinais.
  3. (Alimentación) Licor feito a base desta planta, coas súas sementes maceradas en augardente.

Traducións