accesorio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [ak.θeˈsɔ.ɾjʊ] (AFI)

Adxectivo

accesorio (ms: accesorio; mpl: accesorios; fs: accesoria; fpl: accesorias)

  1. Que completa ou acompaña a unha cousa principal ou que depende dela.
    • Exemplo: Ser, é advogado, pero tamén se dedica a outras actividades accesorias.

  2. (Anatomía) Que ten unha importancia secundaria, ou que acompaña ou é satélite dun órgano ou estrutura máis importante. (Dise especialmente do vaso (arteria ou vea), conduto ou nervio).
    • Exemplo: O nervio accesorio do safeno externo.

  3. (Bioloxía) Que realiza un acto non principal, pero axuda ao desenvolvemento dunha función. (Dise do ógano).
    • Exemplo: As glándulas nectaríferas son glándulas accesorias no proceso da polinización, porque atraen os insectos ás flores.

  4. (Petrografía) Que se atopa de maneira accidental nunha rocha, e en proporcións máis ou menos grandes nunha rocha, sen por iso afectar ás características da mesma. (Dise do mineral).
    • Exemplo: O granito ten numerosos minerais accesorios.

Véxase tamén

Substantivo masculino

accesorio (sg: accesorio; pl: accesorios)

  1. Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar ou mellorar o seu funcionamento.
    • Exemplo: O coche non está mal, pero precisa varios accesorios.

  2. (Anatomía) Cada un dos dous nervios do XI par cranial, motores, que se orixinan no bulbo raquídeo e na medula, e que se anastomosan cos dous primeiros cervicais e co vago e que dan dúas ramas, interna e externa, a primeira que se fusiona co vago, inervando a segunda os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.
    • Exemplo: Ten os nervios accesorios danados.

    • Sinónimos: accesorius.