lugar: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
ILVI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2003 ás 14:20

lugar s.m.

  1. Porción determinada de espacio. Que cada un ocupe o seu lugar na clase.
  2. Núcleo pequeno de poboación, con poucos veciños e de carácter rural. Unha parroquia ten varios lugares.
  3. Posición que algo ou alguén ocupa nunha serie ou nun conxunto. Cruzou a meta en último lugar.
  4. Situación na que alguén está. Eu no teu lugar iría.
Dar l. a. Dar motivo para que algo suceda.
En l. de. Como substituto do que se expresa.
Pór a alguén no seu l. Facerlle ver a alguén cal é a súa situación e a actitude que debe gardar.
Pórse no l. de alguén. Supor que un está na situación desa persoa.
Ter l. Suceder.