golpe: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Xosé (conversa | contribucións)
Galizionario?
Prevert (conversa | contribucións)
m 4 revisión(s) de w:Golpe
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de decembro de 2006 ás 11:03



Acepción xeral

  1. Efecto que resulta do choque violento entre dúas cousas, estando as dúas en movemento ou só unha delas. Tirou con el dun golpe. Deu uns golpes na porta para que lle abrisen. Levou un golpe na cabeza. CF. contusión.
  2. fig. Desgracia, suceso adverso. A súa morte foi un duro golpe para a familia. CF. sacudida.
  3. Acción preparada e realizada con astucia e precaución. O golpe estaba previsto para o día D.
  4. Acontecemento ou acción súbita e inesperada. Un golpe de sorte. Un golpe de audacia.
De golpe. loc. adv. De modo súbito ou brusco. Apareceu de golpe diante de nós. SIN. de súpeto.
Golpe de estado. Acción subversiva que consiste en facerse co poder político dun país por medios ilegais.
Golpe de mar. Gran vaga de mar que bate contra a costa ou contra unha embarcación. Un golpe de mar afundiu o barco.
Non dar golpe. Estar folgando continuamente. En todo o día no deu golpe. SIN. non dar pancada, non facer branca.

Zooloxía

Raposo. OBS. É unha palabra propia da zona norte de Galicia procedente do latín "Vulpes", que ademais é seu nome científico xenérico e específico (polo tanto, chámase Vulpes vulpes). O golpe matounos dúas galiñas.