mozo: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:
#*{{exemplo|{{Gl|mañá}} vou ó {{gl|cine}} coa <u>moza</u> pero o {{gl|sábado}} estou {{gl|libre}}.}}
#*{{exemplo|{{Gl|mañá}} vou ó {{gl|cine}} coa <u>moza</u> pero o {{gl|sábado}} estou {{gl|libre}}.}}
#*{{sin|{{gl|amigo}}, {{gl|compañeiro}}, {{gl|noivo}}.}}
#*{{sin|{{gl|amigo}}, {{gl|compañeiro}}, {{gl|noivo}}.}}
#*{{relac|{{gl|parella}}, {{gl|ir ás mozas}}.}}
#*{{relac|{{gl|parella}}, {{gl|ir ás mozas}}, {{gl|mocear}}.}}
{{-trad-}}
{{-trad-}}
{{T|de}} {{t|de|Junge}}
{{T|de}} {{t|de|Junge}}

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2020 ás 19:03

Galego

Adxectivo

mozo (ms: mozo; mpl: mozos; fs: moza; fpl: mozas)

  1. Que ten poucos anos, tradicionalmente, entre 15 e 20.
    • Exemplo: Era un dos alumnos máis mozos.

Substantivo

mozo (ms: mozo; mpl: mozos; fs: moza; fpl: mozas)

  1. Persoa de poucos anos, maior que un neno pero aínda non adulto.
  2. Por extensión, persoa que aparenta ter menos anos dos que ten.
    • Exemplo: Así tan requintado parece aínda mozo.

    • Termos relacionados: bo mozo, estar mozo.
  3. Persoa coa que se ten unha relación sentimental.

Traducións

Substantivo masculino

mozo (sg: mozo; pl: mozos)

  1. (Exército) Persoa chamada a servir no exército.
  2. (Profesións) Persoa que realiza certos traballos non cualificados, normalmente no servizo doméstico ou de carga e descarga.
    • Exemplo: Dille ó mozo que suba as maletas.

  3. (Mariña) Mariñeiro novo, que vai no barco como aprendiz.
  4. (Carro) Pau que se enganchaba no extremo de diante da cabezalla do carro e que servía para sostelo horizontalmente cando se quitaba a xugada.

Traducións


Partes do carro
acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estrobo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - mozo - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tentemozo - tilla - treitoira - xugo - zuncho



Castelán

Substantivo masculino

mozo (sg: mozo; pl: mozos)

  1. (Exército) Mozo, recruta.
  2. (Profesións) Mozo.
  3. (Mariña) Mozo.
  4. (Carro) Mourón, mozo, tentemozo.