golpe: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49: Liña 49:
{{etim|do {{orixe|la|gl}} ''[[vulpes|vulpe(m)]]'', "{{gl|raposo}}".|gl}}
{{etim|do {{orixe|la|gl}} ''[[vulpes|vulpe(m)]]'', "{{gl|raposo}}".|gl}}
{{pronuncia|/ˈɡɔlpe̝/|gl}}
{{pronuncia|/ˈɡɔlpe̝/|gl}}
{{son|||gl}
{{son|||gl}}
{{-substm-|gl}}
{{-substm-|gl}}
# ({{sem|Zooloxía|gl}}) {{Gl|raposo}}.
# ({{sem|Zooloxía|gl}}) {{Gl|raposo}}.

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2015 ás 22:26

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «golpe».

golpe1

  • Pronuncia: /ˈɡɔlpe̝/ (AFI)

Substantivo masculino


singular plural
golpe golpes


  1. Efecto que resulta do choque violento entre dúas cousas, estando as dúas en movemento ou só unha delas.
    • Exemplo: Tirou con el dun golpe. Levou un golpe na cabeza.

  2. Efecto de golpear coa man ou algún obxecto.
    • Exemplo: Levantou a machada e deulle un golpe que o deixou no sitio.

    • Sinónimos: pancada.
  3. (Medicina) Marca que se forma na pel tras sufrir un choque ou unha agresión.
  4. (Figurado) Desgracia, suceso adverso.
    • Exemplo: A súa morte foi un duro golpe para a familia.

    • Sinónimos: sacudida.
  5. (Figurado) Acción, normalmente violenta, preparada ás agachadas e realizada inesperadamente.
    • Exemplo: O 23 de febreiro pasou á historia polo intento de golpe protagonizado por Tejero.

    • Termos relacionados: golpismo.
  6. (Figurado) Acontecemento ou acción súbita e inesperada.
    • Exemplo: Non foi o resultado dun golpe de sorte senón que o tiña moi estudado.

  7. (Figurado) delito cometido contra a propiedade allea.
    • Exemplo: A película describe o golpe a un banco.

  8. Abundancia dunha cousa de forma súbita.
    • Exemplo: Un golpe de auga barreu a cuberta e lanzouno ó mar.

    • Observacións: os mariñeiros de Pontevedra chamaban golpe de Santos ou golpe de Nadal ós grandes bancos de sardiña que entraban na ría nesas datas.
  9. (Medicina) Acceso violento de tose.

Termos relacionados

Traducións

golpe2

  • Pronuncia: /ˈɡɔlpe̝/ (AFI)

Substantivo masculino

  1. (Zooloxía) Raposo.

Traducións