Conversa usuario:Gallaecio: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎avinza
Sen resumo de edición
Liña 108: Liña 108:


Boas noites Gallaecio. Dis que {{gl|avinza}} é o castelán ''conducta''. Non vexo tal significado en ningunha fonte, pero si, unanimemente, como "Avenencia, convenio o concierto con un médico o farmacéutico para recibir sus servicios", o que en castelán sería a ''iguala''. Antes de andar a cambiar nada quería que mo confirmaras. Saúdos, Pedro --[[Usuario:Lameiro|Lameiro]] ([[Conversa usuario:Lameiro|conversa]]) 23:15, 8 de maio de 2012 (UTC)
Boas noites Gallaecio. Dis que {{gl|avinza}} é o castelán ''conducta''. Non vexo tal significado en ningunha fonte, pero si, unanimemente, como "Avenencia, convenio o concierto con un médico o farmacéutico para recibir sus servicios", o que en castelán sería a ''iguala''. Antes de andar a cambiar nada quería que mo confirmaras. Saúdos, Pedro --[[Usuario:Lameiro|Lameiro]] ([[Conversa usuario:Lameiro|conversa]]) 23:15, 8 de maio de 2012 (UTC)

==Importar da Galipedia==

[[Wiktionary:Taboleiro dos administradores#Importar da Galipedia]]

Graciñas, un saúdo e a seguir. --[[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]] ([[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]]) 14 de setembro de 2013 ás 13:16 (UTC)

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2013 ás 13:16

Arquivo

2007
2009
2010

¿En galego non se usa chave? Sóame de tela oído na tele ou por Internet. [ Furagaitas * ] 20:02, 10 de febreiro de 2011 (UTC)

Formato das traducións

Ola Gallaecio. Que bonitos estás deixando os artigos eh ;) ¿Pensaches en corrixir as traducións que comezan por maiúsculas (p.ex. en cobra lagarteira común)? [ Furagaitas * ] 01:25, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

Etimoloxías perdidas

Ola Gallaecio. A ver se Shyde sabe algo disto. De cando {{-etim-}} era modelo de sección quedaron algunhas etimoloxías fóra do modelo (por exemplo en poliedro). ¿Hai maneira de automatizar o cambio? [ Furagaitas * ] 13:27, 2 de abril de 2011 (UTC)

De acordo. Sobre este caso, e por se che vale de algo, simplemente comentarche que non todas as etimoloxías comezan por * Do {{la}}; teño visto algunha * {{ar}}.
Sobre o dos artigos galegos sen cabeceira de lingua... ¿poderalo facer? Por que se non fágoo eu á man.
Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:35, 2 de abril de 2011 (UTC)
Está ben o de ires formatando e ordenando as etimoloxías ó tempo que trocas {{-etim-}} por {{etim}}, pero ten coidado, xa que algunha das etimoloxías cambian de lingua ou de lema (por exemplo louer ou bean). Xa corrixín eu os que estaban mal. A ver se argallas algo para facer máis seguro o cambio. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:16, 6 de abril de 2011 (UTC)

Saánich

Boas Gallaecio. Bótalle unha ollada a isto e a isto. ¿Cres que debemos substituír o modelo {{-saánich-}} por {{-str-}}? [ Furagaitas * ] 16:56, 22 de agosto de 2011 (UTC)

Códigos de lingua

Podíaslle ir pasando tamén os códigos de lingua ás cabeceiras de categoría gramatical ó mesmo tempo, non? [ Furagaitas * ] 15:58, 24 de agosto de 2011 (UTC)

Parabéns

Boas Gallaecio ! Parabéns polo bot, da gusto velo traballar ! E logo como non leva un nome que semelle à galego ? D: Shyde, pois non sei o que é pero gustame moito. Sen mais Gallaecio, sigue adiante ! --Elvire 22:58, 24 de agosto de 2011 (UTC)

Lingua dos símbolos

No caso de símbolos,..., de uso en diversas linguas (coa cabeceira {{-conv-}}), non creo que sexa necesario, como nas etimoloxías, cabeceiras de categoría gramatical, etc. Por certo que hai que revisar todas esas páxinas para pórlles a cabeceira de lingua correspondente; tamén tiña en mente modificar o modelo {{sem}} (e algún outro máis) para o caso dos nomes científicos (Nomes científicos en bioloxía en vez de Bioloxía en nome científico, ou algo así).
Aproveitando... Estaba pensando que sería conveniente cambiar o nome das Categoría:Wiktionary:Páxinas en ... sen etimoloxía e Categoría:Wiktionary:Páxinas en ... sen transcrición fonolóxica por Categoría:Wiktionary:Entradas en ... sen etimoloxía e Categoría:Wiktionary:Entradas en ... sen transcrición fonolóxica, para harmonizalas coas categorías "con" e coas "Categoría:Wiktionary:Entradas en ... sen son". Se estás de acordo, poderíalo facer co bot? (mover contido e marcar para borrar). Un saúdo. [ Furagaitas * ] 15:10, 26 de agosto de 2011 (UTC)

Refírome a todas as páxinas de símbolos, grafías, abreviaturas,...; hai moitas que non teñen cabeceira de lingua, e outras téñena pero non é a debida. Incluso algunha ten unha categoría gramatical pouco axeitada. Conste que quería dicir que é unha tarefa pendente, non cha pretendía asignar.
Respecto ó das categorías que propoño cambiar, realmente son máis de dúas, son todas as subcategorías contidas en Categoría:Wiktionary:Páxinas sen etimoloxía e Categoría:Wiktionary:Páxinas sen transcrición fonolóxica. A idea era copiar o contido da páxina de cada categoría para a correspondente co novo nome, e marcar a vella para borrar. Evidentemente haberá que modificar tamén os modelos para categorizar correctamente as entradas. [ Furagaitas * ] 16:45, 26 de agosto de 2011 (UTC)

homo

Boas compi. ¿Podes pasar {{homo- a {{homo/? E que aproveitei que quería borrar unha pouca trapallada e pedín que borrasen tamén todas as redireccións que comezan por Modelo:homo-. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 17:22, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Coidado

Mira o que fixo o condanado de Shyde: tenda de campaña :). [ Furagaitas * ] 18:02, 4 de outubro de 2011 (UTC)

De acordo. Co traballo que nos aforra Shyde, ben paga a pena que faga algunha trastada :) [ Furagaitas * ] 15:42, 5 de outubro de 2011 (UTC)
Non te desculpes, estás facendo un traballo encomiable. [ Furagaitas * ] 20:21, 7 de outubro de 2011 (UTC)

Sysop

Iso é unha crítica ou unha proposta? Precisamente estaba pensando preguntarche se cambiaras de opinión con respecto á pregunta que che fixen hai un ano. [ Furagaitas * ] 05:51, 14 de outubro de 2011 (UTC)

Está ben, é hora da renovación (e pensando en min, de deixarme de nenadas). En todo caso habería que ver o que pensa Elvire. Estiven pensando, tamén a respecto do que dixo Quentinv57, que o Galizionario está falsamente sobreadministrado. Varios dos administradores que temos levan anos sen editar, por non dicir que nunca foron editores moi habituais no Galizionario; érano na Galipedia e xa alí perderon os dereitos. Creo que deberiamos revisar a condición de todos eles. [ Furagaitas * ] 16:16, 14 de outubro de 2011 (UTC)

Pois tes razón. Con resumir Wiktionary:Apéndice de Países do mundo, linguas e xentilicios a Apéndice:Países do mundo dábame por conforme, non caera en que podía ser máis simple aínda. [ Furagaitas * ] 19:36, 14 de outubro de 2011 (UTC)

Páxinas → Entradas

Sei que tanto Sobreira como Aricum crearon entradas a partir dunha base de datos (ou folla de cálculo), pero non teño nin idea de como se fai nin se é aplicable a este caso. De todas formas, aínda que leve algo de tempo, é un traballo que se pode facer ben á man. [ Furagaitas * ] 14:31, 15 de outubro de 2011 (UTC)

Es un fenómeno ;) [ Furagaitas * ] 23:08, 30 de outubro de 2011 (UTC)

e logo houbo as peripecias do shyde

Boas Gallaecio ! Quén me dera ter unha fadiña como o teu Shyde. Xa se sabe de vez en cando esa xentiña anda toliña. Pero da gusto velas correr. Que Shyde siga moito tempo facendonos tantas tarefas. Transmitin à Quentinv57 os comentarios de Furagaitas. Voume a Taberna. Saúdos Gallaecio --Elvire 22:28, 31 de outubro de 2011 (UTC)

son

Boas Gallaecio ! Estiven controlando o son en francés nalgunhas páxinas. Por exxemplo en chien ao esoitar di "un chien" (un can) e para architecte di "une architecte" (unha arquitecta). A mais cantidade di o artigo en masculino. Non controlei as 462 entradas que temos hoxe, pero habria que pensar en marcar o que se entende ? Tamén poño a mensaxe a Furagaitas. Saúdos --Elvire 00:37, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros

Boas!. Mira é unha pequena tontería, resulta que na Galipedia estamos amañando as páxinas que teñen ligazóns rotas a ficheiros e hai unhas subpáxinas túas que están nesa categoría. As páxinas son a [1] e a [2] e o sofware Mediawiki méteas automáticamente na categoría porque eses modelos usan un nome de ficheiro pasándolle un parámetro e cando se integra nos modelos eses ficheiros non existe. Hai unha forma de evitar isto, se cambias o modelo para que non inclúa o uso do ficheiro e na chamada no parámetro lle pasas o ficheiro xa estaría. Podes ver as probas que fixen en [3] e do uso en [4]. Se tes calquera dúbida avísame e tento axudarche. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:27, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Moitas grazas, non facía falta tanto pero vale ben igual. Xa sabes ónde andamos!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:50, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Administrador

Parabéns compañeiro, xa es sysop. Estaba pensando que quizá fose ben crear un Taboleiro dos administradores para concentrar as peticións e que non se perdan na Taberna ou se lle formulen á persoa incorrecta. ¿Que che parece? [ Furagaitas * ] 19:43, 18 de novembro de 2011 (UTC)

Equipo de administradores

Boas aos tres administradores activos, un saúdo de felicitacións para os dous novos, e de agradecemento para o "vello" ! Xa sabedes que administrador (igual que usuario) non é un contrato, digóo de comezo, para non volver a decilo e para cas outras cousas non vos semellen compromiso. Vades formar equipo e ainda que cada un traballe ao seu ritmo e no que mais lle gusta, alegróme moito que sexades tres activos. Naturalmente eu non me vou meter nos vosos acordos de equipo, só falo como usuaria da comunidade. Supoño que Furagaitas e Gallaecio van usar as ferramentas para mellorar technicamente o proxecto e polo tanto poderan axudar os usuarios que tamén queren traballar nise campo (non é o meu caso, pero pode ser o caso de usuarios que teñen coñecementos informaticos e que gustan diso). Sei que temos xa tarefas no pote, como o de ter unha Portada, e veño de ver que Furagaitas fala dun Taloreiro dos administradores (mui boa idea), pois eu, inda que non edite a cotia, nunca pasan mais duns días sen que pase dar unha ollada, e estarei atenta a todas propostas que faredes. Non vos digo nada mais, o 25 remato o traballo no que anduven iste mes e repitóo, estou contentissíma do resultado. Un saúdo de ánimo para os tres --Elvire 23:11, 18 de novembro de 2011 (UTC)

Boas a Furagaitas, Gallaecio e Norrin strange (por seres os mais activos iste mes e falar inglés) ! Esta nova usuaria fala inglés e conta segun me dixo (ver à súa páxina de conversa) colaborar aqui cando teña tempo, polo de momento anduvo con exames. Preguntoume onde esta a páxina principal de conversas. Dirixina a Taberna, propoñendo de traducir ali o dito por ela e as nosas contestas cando sexa útil. Por demais dinlle as ligazóns vosas, xa que falades inglés o que pode resultar facilitador, según vos pareza a vos coma ela, que comuniquedes de seguide directamente sen depender de mín. Saúdos --[[Usuaria:Elvire|Elvira]] ([[Conversa:Usuaria:Elvire|fálame]]) 13:24, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ò que se pode dicir

Boas Gallaecio ! De donde sacaches decible en francés ? O que se pode decir en francés dise disible (do verbo dire, ainde que como non anda polos dicionarios non sei se non sera na escrita dicible ou outra grafia. Deume moita gracia e perquisei un pouco para ver si atopaba en francés que decible fose unha palabra que eu non saiba (xa sabés, nunca sa sabe todo !). Pero non atopo nada para gardar a entrada. Para min hai que retirar isa entrada do francés. Que opinas cabaleiro dos montes galegos? --Elvira (fálame) 01:22, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

Supoño que levas botas de cor azul !!! A ver si podoche dicir outra cousa. Porque non borras ti decible, para iso tes as ferramentas, e non para darlle traballo aos outros administradores. Outra cousa seria o borrado dunha páxina que levou debate e onde estas comprometido no debate, nise caso teria que ser outro. Un administrador ten as ferramentas (coa confianza da comunidade) tamén para o seu propio traballo (borrados e outras), e si fai un error os outros administradores poden velo para amañar as cousas sen que sexa problema, e os usuarios tamén poden reclamar esplicacións ; o dialogo e a boa fé son ferramentas útiles. Si temos medo de enganarnos, pouco fariamos. É por iso que doulle importancia a ter varios administradores presentes, é unha garantia de calidade para o proxecto. Eu digolle isto, pero ti fai como o ves, o importante é colaborar a gusto é con prazer. Saúdos cabaleiro das chairas do cabo do mundo !--Elvira (fálame) 12:13, 22 de xaneiro de 2012 (UTC)

{{orixe}}

Boas socio. Non entendo a última modificación que fixeches no modelo {{orixe}}. [ Furagaitas * ] 15:38, 3 de marzo de 2012 (UTC)

  • Entendo. O terceiro parámetro estábao reservando para o étimo, pero tamén me vale esta opción, o cal nos podería aforrar o modelo {{nomelingua2}}. O que pasa que vexo un pouco lioso intercalar a lingua destino. Saúdos. [ Furagaitas * ] 15:56, 3 de marzo de 2012 (UTC)

dúas cousiñas : unha que me vai e a outra que non

Boas Gallaecio, supoño que ainda andas polas chairas do cabo do mundo ! En concreto meu :

  1. ambiente, tiven dubidas antes de retirar o marcador para completar. Non entendo moito por onde vai o problema pero terás razon.
  2. mentras para crear unha entrada para completar espantar non estou dacordo. Se non foses ti que creaches a entrada, eu puñalle de seguida o marcador de lixo rapido. Home, fai pouco tempo tiñamos mais de 5000 entradas para completar, agora inda temos mais de 4000 ! Falo das entradas que non teñen un minimo de definición. As entradas que teñen unha definición nos wikidicionarios é comas das wikipedias cando teñen un minimo de cabeceira : pola natureza propia dos proxectos están todas para completar ! E tamén penso que polo tanto debe enterderse cas entradas sen minimo (en calquera proxecto de Wikimedia) son de borrado rapido. Agora bén, cada proxecto pode fazer unha politica propia dos criterios do minimo necesario para gardar a páxina. Pola miña banda, fai un tempiño que houbeseme gustado propór toda categoría Páxinas para completar para borrado rapido, agás as que levan ise marcador para unha das acepcións (e nistes casos : borrar a acepcion que esta para completar). Penso que é un discredito ter esa categoría, xa que leva contradición ca natureza propia do proxecto : todas as páxinas están para completar. Logo Furagaitas propuxo un reto na Taberna. Penso que tivo razón : a) perder 5000 entradas é unha lastima, b) as entradas fixenronse no seu tempo de boa fé e seguramente coa intención de completalas, pero tamén é propio da natureza do proxecto que cada usuario colabora sen obriga de seguir unha planificación, pois o proxecto basico (eu non sei cal era) caeu o pozo. c) de vez en cando ollo o creador dises artigos "para completar" e sempre vexo usuarios que agora non son activos, pero cando o foron arrearon duro para levantar o Galizionario, e por respeto ao traballo que fixeron, falla a pena de completar e gardar o quiles tiñan a intención de fazer. d) a min costame moito en tempo e con resultado escaso participar nise reto, fagóo polas razons a), b) e c) e tamén por comprometerme coa proposta da Taberna. Pero si dando pasiños pa diante, tamén aceptamos pasiños pa trás, xa non sei o que pensar.
  • Antes de plantexar para comunidade o problema gustarime saber o que ti opinas ? Xa sabes Gallaecio, eu son a de sempre, non penso ter a verdade (a verdade non é de ninguén), pero sintome en dificultade no Galizionario, e non teño intención de impor o meu punto de vista. Tamén é posible que poida evolucionar o meu punto de vista co dito polos outros usuarios da comunidade. Polo de momento é o teu punto de vista que me interesa. A lerte Gallaecio --Elvira (fálame) 11:10, 1 de abril de 2012 (UTC)
Gallaecio, graciñas pola pola tua sencillez e serenidade, eres ti que tes que perdoarme ! A miña larga reacción non ten medida e esta disproporccionada, o que fixeches non era pa tanto ! O que me dis, esta claro que eu podia pensalo sen andar con tanta explicación, como fixen. O que pasa é que ando de mala rabia contra min, con iso "de completar" e sen darme conta a cousa volcouse cara a ti. De haber aturado un pouqiño, non viña molestarte. A verdade é que temos que completar esa categoria sen fondo, e tamén temos que colaborar en cousas mais gustosos para gardar ganiñas de colaborar. Adiante co que cadre. Unha aperta Gallaecio Elvira (fálame) 08:17, 2 de abril de 2012 (UTC)

Fallo

Ola socio. Isto parece que fallou. [ Furagaitas * ] 19:07, 18 de abril de 2012 (UTC)

Non sei cal será a mellor solución. Ocórrenseme tres alternativas. Ordenalo manualmente na posición que se estime máis axeitada, deixalo a posición na que está, ou poñelo ó final da lista. Sinto non ser de gran axuda. Para códigos non recollidos en {{nomelingua}} estaba pensando modificar os modelos para que categoricen nunha categoría de mantemento específica. Un saúdo! [ Furagaitas * ] 20:43, 19 de abril de 2012 (UTC)

avinza

Boas noites Gallaecio. Dis que avinza é o castelán conducta. Non vexo tal significado en ningunha fonte, pero si, unanimemente, como "Avenencia, convenio o concierto con un médico o farmacéutico para recibir sus servicios", o que en castelán sería a iguala. Antes de andar a cambiar nada quería que mo confirmaras. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 8 de maio de 2012 (UTC)

Importar da Galipedia

Wiktionary:Taboleiro dos administradores#Importar da Galipedia

Graciñas, un saúdo e a seguir. --HombreDHojalata (conversa) 14 de setembro de 2013 ás 13:16 (UTC)[responder]