nervio: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m {{-CATEGORÍA-}} → {{-CATEGORÍA-|LINGUA}}.
Shyde (conversa | contribucións)
m Actualización de modelos: «T:» → «T», «t^» → «t».
Liña 29: Liña 29:


{{-trad-}}
{{-trad-}}
{{T:|es}} {{t^|es|nervio}}.
{{T|es}} {{t|es|nervio}}.
{{T:|ca}} {{t^|ca|nervi}}.
{{T|ca}} {{t|ca|nervi}}.
{{T:|fr}} {{t^|fr|nerf}}.
{{T|fr}} {{t|fr|nerf}}.
{{T:|en}} {{t^|en|nerve}}.
{{T|en}} {{t|en|nerve}}.


[[ca:nervio]]
[[ca:nervio]]

Revisión como estaba o 11 de decembro de 2011 ás 10:44

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «nervio».

Substantivo masculino

  • Etimoloxía: do latín nervu(m), "nervio"

singular plural
nervio nervios


  1. (Anatomía) Estrutura en forma de cordón, formada por unha ou máis fibras nerviosas, que transmiten os impulsos entre o sistema nervioso central e os órganos e tecidos periféricos.
  2. (Figurado) Forza, enerxía dunha persoa ou animal.
    • Exemplo: Este cabalo é un monllo de nervios e non hai quen o domee.
  3. (Anatomía) Por extensión, fascias, aponeuroses e outras fibras de tecido conxuntivo que por veces aparecen na carne entre as fibras musculares.
    • Exemplo: Esa carne ten moito nervio, así que mellor a preparamos guisada.
  4. (Botánica) Vaso que sobresae na folla dunha planta, que conduce o zume.
  5. (Arquitectura) Moldura que sobresae na superficie dunha bóveda.
    • Exemplo: Na intersección dos nervios pode verse un medallón coa figura dun anxo.
    • Termos relacionados:
  6. Fío que suxeita as follas dun libro ó lombo.

Traducións