bido: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Actualización das ligazóns aos apéndices.
KamikazeBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: en:bido
Liña 34: Liña 34:


<!-- Noutros wiktionaries: -->
<!-- Noutros wiktionaries: -->

[[el:bido]]
[[el:bido]]
[[en:bido]]
[[fr:bido]]
[[fr:bido]]
[[ku:bido]]
[[ku:bido]]

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2011 ás 12:16

Galego

Bidos.
Follas de bido.
Bido en inverno.
Casca de bido.

Substantivo masculino

bido (sg: bido; pl: bidos)

  1. (Botánica) Árbore da familia das betuláceas, de 15 a 20 metros de altura (excepcionalmente até 30), porte elegante, casca branca agrisada lisa, con bandas horizontais de cor gris escura apardazada e copa irregular; as follas, caducas, alternas, son de forma oval-triangular, co bordo dentado e o ápice agudo; as flores masculinas están reunidas en amentos colgantes, e as femininas en amentos ergueitos. Medra en solos húmidos e en brañas, cultivándose tamén como ornamental.
  2. Madeira de esta árbore, branca, branda e lixeira, doada de traballar, usada para facer zocas, móbeis e apeiros de labranza.
    • Exemplo: Teño na casa uns pratos de bido para servir o polbo.

    • Sinónimos: bídalo, bidueiro.
  3. (Botánica) Nome común que reciben todas as especies do xénero Betula, entre as que destaca, ademais da descrita, a Betula verrucosa.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén